martes, 17 de noviembre de 2015

O DESAFÍO: EDVARD MUNCH E O "BERRO".

OLA A TODOS RAPACES E RAPAZAS!!!

Aquí estamos ca solución ao primeiro desafío artístico.

A cabaza máis representada no Samaín deste ano foi...

 a versión do "Berro" de Munch. 


Contámosvos un pouco desta coñecida obra de arte e máis do seu autor, Edvard Munch.

Estamos ante unha das obras de arte máis coñecidas da historia pola súa repercusión mediática, por iso foi un dos cadros máis representados por todos vós no Samaín.

Foi pintado en 1897 conservándose tres das pinturas orixinais en tres museos e unha última que posúe un coleccionista. No ano 2012 convertiuse na pintura pola que máis cartos se pagaron nunha subasta. Exactamente 119,9 millóns de dólares!!!



Este cadro pertence á corrente expresionista e representa unha figura de formas impresisas e onduladas cunha gran expresión de medo.

Edvard Munch foi un pintor noruego que tivo unha infancia moi difícil, feito que transmitiu en moitas das súas obras.

Entre outras curiosidades podemos dicir sobre o autor e a obra escollidos que non foron do agrado do público nun primeiro momento, considerando este tipo de arte como perturbadora. Ata tal punto rexeitaron esta obra, que foi censurada pola dictadura nazi. O cadro foi roubado en varias ocasións, nunha delas, cunha nota incluída na que poñía: "grazas pola falta de seguridade". E como última anécdota, estes días atópase en Madrid, no Museo Thyssen-Bornemisza, un boceto orixinal da obra de Munch. 

Pero vos deixamos este video explicativo dun gran experto da arte de todos os tempos:



E ata aquí por hoxe con esta fantástica obra. En breve publicaremos o nome dos acertantes do desafío da semana. Grazas pola vosa participación, que xa vos adiantamos, foi inmensa!!!

Ata pronto!!!




No hay comentarios:

Publicar un comentario